InicioSucesosO Arcebispado de Santiago pide diálogo polo conflito co párroco de Cangas...

O Arcebispado de Santiago pide diálogo polo conflito co párroco de Cangas a quen apedraron a súa casa

A última das polémicas reside na atribución por parte dos asistentes a unha misa dunhas palabras do párroco sobre as mortes de mariñeiros en naufraxios que, segundo estas versións negadas polo sacerdote, atribuíu á súa falta de fe cristiá.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Arcebispado de Santiago saíu ao paso do conflito entre os fregueses de Cangas e o párroco Severo Lobato despois de que a casa reitoral da localidade fose apedrada durante a madrugada do venres.

Nun comunicado, a Arquidiocese compostelá, á que pertence a parroquia da comarca do Morrazo, sinala que abordou co sacerdote a situación para tratar de “suavizar as tensións e posibles malentendidos” na parroquia, onde os fregueses manifestaron en varias ocasións o seu malestar coa actitude de Severo Lobato.

“Baixo ningún concepto é aceptable xustificar calquera tipo de conduta agresiva ante a disensión de opinións ou pareceres, e condenamos rotundamente os comportamentos violentos acaecidos nas últimas horas contra o párroco, e as accións perpetradas contra os bens patrimoniais“, remarca o Arcebispado que encabeza Julián Barrio.

A última das polémicas reside na atribución por parte dos asistentes a unha misa dunhas palabras do párroco sobre as mortes de mariñeiros en naufraxios que, segundo estas versións negadas por Severo Lobato, atribuíu á súa falta de fe cristiá.

Neste sentido, a igrexa compostelá remarca que “sempre foi empática e próxima” coa vida das xentes do mar. “Os bispos e sacerdotes mostraron sempre unha especial sensibilidade cando se producen feitos dramáticos: perdas persoais, traxedias marítimas ou dificultades pola crise no sector“, engade o arcebispado.

Así as cousas, expresa o seu malestar por que “as palabras dunha predicación, que trataba de trasladar alento e consolo aos que dedican ou perden a súa vida no mar fosen terxiversadas, xerando así crispación entre os fieis”.

Por último, reitera a súa chamada á “convivencia pacífica” e anima á comunidade parroquial canguesa “a dar un paso adiante en aras de restablecer a normalidade desde un diálogo construtivo, e nunca desde o reproche, a calumnia, as descualificacións e calquera outra actitude ou atitude violenta”.

ÚLTIMAS

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...