InicioSociedadeA Xustiza recoñece o dereito dun policía da Local de Vigo a...

A Xustiza recoñece o dereito dun policía da Local de Vigo a cobrar os pluses de nocturnidade e festividades nas vacacións

A sentenza inclúe tamén situacións de incapacidade temporal, días de libre disposición e demais permisos retribuídos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) recoñeceu a un policía local de Vigo o seu dereito a cobrar, con efecto retroactivo aos últimos cinco anos, os pluses de festividade e nocturnidade durante os períodos de vacacións, situacións de incapacidade temporal, días de libre disposición e demais permisos retribuídos.

Así, a sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG indica na súa sentenza que os complementos que percibe o axente por nocturnidade e festividade “non remuneran prestacións fóra da quenda ordinaria, senón as realizadas dentro da xornada ordinaria e con arranxo ás quendas asignadas”.

Todo iso debido a que os maxistrados consideran que as quendas e horas asignadas ao policía constitúen o seu traballo “ordinario e habitual” e non se corresponden con ningunha actividade ou organización “extraordinaria ou especial”.

Por isto, recalcan que “é evidente que, ao formar parte as horas de actividade realizadas de noite e en días festivos do traballo normal, ordinario e habitual do recorrente, non poden considerarse as mesmas como comprendidas no complemento de produtividade”, o cal ten por obxecto “retribuír o especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou iniciativa con que o funcionario desempeña o seu traballo”.

“Trátase, en suma, dunha retribución obxectiva, a cuxa percepción ten dereito o traballador polo mero feito de desenvolver un determinado posto de traballo, polo que o seu réxime xurídico debe ser o mesmo que o das retribucións fixas na súa contía e periódicas no seu devengo”, reivindica o TSXG na resolución, á vez que manifesta que o abono de tales pluses “tampouco responde o concepto de gratificación ou ao de complemento de desempeño, por non ter os servizos retribuídos a condición de extraordinarios nin levar a cabo fóra da xornada regulamentaria”.

Por outra banda, os xuíces afirman que, aínda que é certo, como sostén o Concello de Vigo, que no período de vacacións o axente non realiza traballos de noite nin en días festivos, polo que carece de dereito a percibir pluses por eses conceptos, “non o é menos que tal valoración sería aceptable se eses pluses formasen parte do complemento de produtividade, o que non sucede no presente caso”.

Ademais, recoñecen o dereito do policía local a percibir os pluses con efectos retroactivos ao cinco anos inmediatamente anteriores á data de presentación da inicial solicitude. Contra a sentenza cabe presentar recurso de casación.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...