InicioSociedadeA CIG denuncia que os buses de Vigo circulan con horarios "imposibles"

A CIG denuncia que os buses de Vigo circulan con horarios “imposibles”

O sindicato alerta de que a flota entra en "colapso" co tráfico do Nadal e acusa ao Concello de poñer en risco a seguridade e os descansos do persoal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección sindical da CIG en Vitrasa, a concesionaria do transporte público de Vigo, denunciou a “degradación” deste servizo na cidade, polos seus horarios “obsoletos” que fan “imposibles” as rutas e dificultan unha “condución responsable”. Nun comunicado, o sindicato lamentou que estes horarios “obrigan ao persoal a ter mesmo que renunciar aos descansos entre viaxes para poder cumprilos”.

“Cumprir cos horarios na maioría das rutas resulta imposible, xa que están totalmente desactualizados e quedaron obsoletos ao non ter en conta cuestiones como a cantidade de obras existentes na cidade, o aumento de viaxeiros, o maior número de semáforos, a falta de carrís de bus ou as limitacións de velocidade da vía“, defendeu a CIG.

Tamén puxo o foco nas luces de Nadal de Vigo, lamentando que o plan de tráfico para as festas continúa facendo pasar aos Vitrasa pola zona de maior afluencia de visitantes e compartir estrada cos turistas. “En consecuencia, á tensión que xeran os atrasos habituais neste período súmase o risco de ter que transitar por unha zona chea de viandantes que pasean despistados pola principal zona da iluminación do Nadal”, apuntou o sindicato, pedindo que se eviten esas vías e que se amplíen os tempos dos percorridos.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...