InicioEconomíaAdxudicadas as obras de mellora de seguridade viaria nun tramo do Camiño...

Adxudicadas as obras de mellora de seguridade viaria nun tramo do Camiño Portugués en Tui

As principais actuacións neste proxecto pasan pola redistribución da sección transversal do tramo e a reordenación do tráfico, a mellora da imaxe da contorna e a adecuación dos elementos de drenaxe ao novo deseño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes adxudicou, por 532.870 euros, o contrato das obras de mellora da seguridade viaria no tramo do Camiño Portugués na estrada N-551 entre os quilómetros 1,4 e 1,8, ao seu paso por Tui.

En concreto, trátase dun tramo duns 400 metros de lonxitude que abarca desde a intersección da N-551 coa N-550 ata a Ponte Internacional que cruza o río Miño.

Co presente proxecto búscase mellorar a seguridade viaria no tramo e melloralo tamén esteticamente, xa que se trata da entrada a España desde Portugal do Camiño de Santiago Portugués, así como o acceso á localidade de Tui.

As principais actuacións neste proxecto pasan pola redistribución da sección transversal do tramo e a reordenación do tráfico, a mellora da imaxe da contorna e a adecuación dos elementos de drenaxe ao novo deseño.

ÚLTIMAS

Nova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu en que a Xunta...

“Non pode ser que sufran un dano importante”: Caballero esixe compensacións xustas para aos afectados polo Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu expresar este xoves o seu apoio aos...

“Que asinen mañá”: Caballero desafía a Rueda e á Deputación polo Mundial de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este xoves en que nin a Xunta...

Media ducia de detidos e diversas drogas intervidas en só dúas semanas, en operativos contra o ‘menudeo’ en Vigo

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detivo seis persoas en cinco operacións contra...