InicioSociedadeAs obras de mellora da mobilidade peonil na PO-315 á altura de...

As obras de mellora da mobilidade peonil na PO-315 á altura de Cangas comezarán a principios de ano

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por case 230.000 euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por case 230.000 euros as obras de mellora da mobilidade peonil na estrada PO-315 á altura do concello pontevedrés de Cangas.

Tal como informou o Goberno galego nun comunicado, os traballos foron adxudicados á empresa Construcións Fechi e terán un prazo de execución de catro meses. Iniciaranse a principios do ano que vén, xa que o levantamento das actas de ocupación dos terreos expropiados está previsto para o 14 de decembro.

O obxectivo desta intervención é reforzar a seguridade e a comodidade dos usuarios e favorecer unha mobilidade máis sustentable na zona. Os traballos desenvolveranse entre os puntos 10+100 e 10+380 ao seu paso pola parroquia de Aldán e mellorarán os percorridos peonís, con novas beirarrúas accesibles e unha pasarela peonil.

Tamén se incluirá a reordenación das interseccións de acceso á praia de San Cibrán, dos pasos de peóns e das paradas de autobús, xunto coa renovación da rede de pluviais e a iluminación.

Así mesmo, nun segundo tramo do proxecto, entre os puntos 13+200 e 13+550, acometeranse tres actuacións puntuais para dar continuidade á beirarrúa actual, na parroquia de Darbo. As obras serán financiadas con fondos europeos como parte da resposta da Unión Europea á pandemia dentro do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

ÚLTIMAS

Concello e BNG coinciden en que a Xunta “abandona” a Vigo nos orzamentos de 2027

O goberno local e o BNG de Vigo criticaron o "abandono" da cidade por...

Vigo reservará fondos en 2027 para impulsar voos a Londres, París, Alacante e Sevilla

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que os orzamentos municipais de 2027 incluirán...

Unha falsa alarma por gas obriga a desaloxar o IES de Valladares, en Vigo

Unha falsa alarma por unha posible fuga de gas obrigou este mediodía a desaloxar...

Novo atentado homófobo en Vigo: persiguen ao berro de”maricón” a un home en Vigo

A Policía Nacional identificou o pasado venres varios mozos despois de que, supostamente, perseguisen...