InicioSociedadeO Concello de Vigo aproba a bolsa de 205 euros para o...

O Concello de Vigo aproba a bolsa de 205 euros para o alumnado coas críticas da oposición

A oposición critica o "populismo electoral" que supón que as axudas se vaian a ingresar en marzo, semanas antes das eleccións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns a concesión dunha bolsa de 205 euros para todos os alumnos de primaria e secundaria da cidade dirixida ao pago dos libros de texto do curso académico actual.

Tal como reivindicou o alcalde, Abel Caballero, a “elevada inflación” e a situación económica actual require dunha mobilización de recursos para apoiar ás familias e aos cidadáns. Por iso, desde o Concello propúxose esta axuda para libros de texto, como no seu día xa se fixo desde o Goberno bipartito do PSOE e BNG, segundo lembrou Caballero.

Pola súa banda, partidos da oposición, estando de acordo con axudar ás familias que o necesitan, criticaron que se trate dunha bolsa igual para todos, sen varemos de renda. Neste sentido, o concelleiro nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, lamentou o “Ayusismo” de Abel Caballero (en referencia á presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso) e pediu que o Concello “dea máis a quen máis o necesita”.

Na mesma liña falou Marea de Vigo. O seu portavoz, Rubén Pérez, lamentou que precisamente estas bolsas sexan para todas as familias por igual. “Haberá familias que hai que darlle mil euros e a outras, 50”, subliñou, tras o que reprochou que se vaian a ingresar en marzo, xusto en precampaña electoral.

Pola súa banda, Alfonso Marnotes, do PP de Vigo, preguntouse por que precisamente é este ano, cando hai eleccións, é cando se utilizan os remanentes para as axudas aos libros, se xa había máis de 100 millóns en 2020 e en 2021 e non levou a cabo. Marnotes pediu que se reduza a presión fiscal dos vigueses e criticou que non se tratan de axudas para a compra de libros, porque “xa foron comprados en setembro” e este diñeiro non chegará ata marzo.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...