InicioSociedadeO Goberno central sae en defensa do Nadal de Vigo: "Xa sabe...

O Goberno central sae en defensa do Nadal de Vigo: “Xa sabe (Caballero) como aforrar”

Teresa Ribera aposta por "solucinós creativas" e non por impoñer prohibicións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribera, pediu “solucións creativas” para a iluminación do Nadal e rexeitou impor normas para todos os concellos.

“Non ten moito sentido que haxa alguén que teña que dicir o que se ten que facer porque, ademais de ser un papel moi antipático, trátase de interpelar á vontade de contribución de todo o mundo“, explicou Ribeira nunha entrevista en Onda Cero recollida por Europa Press.

“Imos ver se hai solucións creativas ao adorno de Nadal”, engadiu a ministra, quen asegurou estar en conversións positivas coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) “en termos dun compromiso” por parte de concellos e deputacións sobre como aforrar”.

Para Ribera é “moi importante que sexan os propios actores quen decidan como canalizar a súa contribución ao aforro e a eficiencia”. E, en referencia ao Alcalde de Vigo, Abel Caballero, e á promoción da iluminación do Nadal que realiza da súa cidade, a ministra lembrou que “el está a subliñar que usa lámpadas led e que reducirá as horas de aceso”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...