InicioSociedadeTui pon en marcha un programa de obradoiros, talleres e consultas personalizadas...

Tui pon en marcha un programa de obradoiros, talleres e consultas personalizadas para mulleres

'Feminino Plural' busca a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tui vén de poñer en marcha Feminino Plural, un programa “innovador, integral e intensivo” para o impulso das mulleres. A Aula da UNED acolleu esta semana a súa presentación por parte da concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, e das técnicas que conforma o equipo multidisciplinar desta acción.

Así, ata o 30 de setembro, Feminino Plural abordará catro eixos: a formación, a atención xurídica, a atención psicolóxica e o asesoramento para o emprego, intermediación e prospección laboral. Feminino Plural brinda tanto atención individualizada coma actividades grupais nos obradoiros e talleres formativos que están organizados. O programa desenvolverase no centro urbano, pero tamén nas parroquias onde haxa un mínimo de 8 mulleres inscritas.

As actividades grupais comezarán a segunda quincena de agosto e celebraranse os martes de 10 a 13 horas os talleres formativos e os mércores de 10 a 12 horas os obradoiros. As mulleres poden asistir á totalidade dos talleres e obradoiros previstos, ou só aqueles que sexan do seu interese ou disponibilidade.

Os talleres formativos co título xenérico de ‘Coñécete…’ abordarán o autocoñecemento, a historia das mulleres, as habilidades sociais, as oportunidades de traballo, as capacidades laborais, o empoderamento, e os dereitos. Mentres, nos obradoiros realizarase unha actividade de coaching, o roteiro ‘Camiñando con elas’, abordarase a comunicación, como preparar as entrevistas de traballo, o emprendemento, a saúde e a violencia machista virtual.

Ademais, as mulleres poden solicitar cita para realizar consultas personalizadas co equipo de expertas do programa: unha xurídica, unha psicóloga, unha axente de igualdade, unha orientadora laboral, unha técnica de prospección e intermediación laboral e traballadoras sociais. “Queremos chegar a todas as mulleres que poidan precisar de programas tan necesarios coma este e poder axustar así os servizos que podemos achegar para atallar a súa vulnerabilidade”, sinalou na presentación a concelleira de Igualdade,  Ana Núñez. 

As mulleres poden solicitar xa a súa participación gratuíta no programa tanto para os módulos e obradoiros como para a atención individualizada coas profesionais que forman parte do equipo do programa no correo igualdad@tui.gal ou nos teléfonos 986 60 32 28 ou 664 55 24 93. O programa de Promoción da Igualdade e a Prevención da Violencia de Xénero, Feminino Plural, está financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería
de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Feridas dúas persoas tras unha colisión entre tres vehículos na AP-9, en Redondela

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas tras unha colisión entre tres vehículos na AP-9,...

O Concello de Vigo aproba a contratación das obras de mellora do ascensor inclinado de Juan Ramón Jiménez

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu luz verde este venres á contratación...

O PP de Vigo esixe unha comisión de investigación sobre o accidente mortal en Matamá

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo rexistrou unha moción, que se...

Arde por completo unha lancha fronte á illa de Toralla

Unha lancha de recreo ardeu por completo en Vigo, resultando ilesos os seus tripulantes,...