InicioSucesosDous policías locais do Porriño salvan un home que sufriu un infarto...

Dous policías locais do Porriño salvan un home que sufriu un infarto mentres conducía

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous axentes da Policía Local do Porriño salvaron a vida dun veciño de 80 anos que sufriu unha parada cardiorrespiratoria na tarde do pasado martes.

Segundo informa o Concello do Porriño nun comunicado, o suceso tivo lugar na céntrica rúa Ramirás. O home circulaba no seu vehículo e foi un viandante o que alertou á Policía de que había unha persoa inconsciente no interior dun coche parado no medio da calzada.

A patrulla desprazouse ata o lugar, onde chegou en dous minutos. Alí, comprobaron que non respondía aos estímulos polo que procederon a realizar manobras de reanimación cardiopulmonar, co uso do equipo desfibrilador do coche patrulla ata que se estabilizou e foi atendido polos servizos médicos.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, recibiu este mércores aos dous axentes para agradecer o seu traballo.

ÚLTIMAS

Vigo rexistrou nas últimas semanas varias denuncias por estafas

A Policía Nacional alertou de novos casos de estafa a través de supostas plataformas...

Caballero segue sen adherirse ao convenio para a xestión dos incendios

O PP de Vigo instou este venres ao goberno municipal de Abel Caballero a...

Vigo pide ao Goberno unha nova axuda para financiar o bus urbano e Caballero carga contra a Xunta: “Achega 0”

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou este venres solicitar á Dirección Xeral...

A realidade virtual convértese en aliada contra as secuelas do cancro infantil nun pioneiro estudo en Vigo

A tecnoloxía de vangarda abre novas vías para mellorar a calidade de vida dos...