InicioSociedadeProtesta ante o xeriátrico 'Mi Casa' por un trato "digno" ás persoas...

Protesta ante o xeriátrico ‘Mi Casa’ por un trato “digno” ás persoas maiores e traballadoras

A CIG reclama a dimisión da conselleira de Política Social, de quen depende o servizo de inspección.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis de medio cento de traballadoras e delegadas sindicais da CIG no sector das residencias da terceira idade desenvolveron este luns unha concentración diante da residencia Mi Casa de Pazos de Borbén para esixir un trato digno tanto ás persoas usuarias como ás traballadoras tras as denuncias por maltrato que se veñen de coñecer. Dende a central sindical reclaman a dimisión da conselleira de Política Social, Fabiola García, cuxo departamento é responsable dun servizo de inspección “que ben non funcionou ou directamente non fixo o seu labor, porque o que acontece neste centro leva anos sucedendo”, aseguran dende a CIG.

Durante a protesta, que se desenvolveu a partir das 11:30 horas, despregouse unha faixa na que se podía ler “Residencias e loita por unhas condicións de traballo dignas” e berráronse consignas como “Trato decente para as dependentes”, “Menos discursos e máis recursos” ou “Lucía, escoita, estamos en loita”, esta última en referencia á propietaria da residencia, Lucía Pedroso, que xa fora expedientada en 2017 tras detectarse sobreocupación no centro.

Con todo, os berros máis coreados foron para reclamar a dimisión da responsable de Política Social, Fabiola García, xa que, tal e como lembra Pedro Pérez, da CIG-Servizos, o seu departamento é “coñecedor das irregularidades detectadas na residencia porque o servizo de inspección fixo varios requirimentos por incumprimentos en relación ao persoal de enfermaría e cociña, ademais de instar a manter un estado óptimo de limpeza e salubridade”. Do mesmo xeito, requiríronlles os rexistros das actividades básicas da vida diaria (ABVD). Con todo, a CIG critica que non ordenara o seu peche, polo que entende que ten que abandonar o seu cargo.

DENUNCIA NO 2017

Xa en 2017 unha denuncia da CIG supuxo a apertura dun expediente de Política Social á residencia por sobreocupación, xa que tiña un total de 63 residentes cando só contaba con 58 prazas, 22 delas subvencionadas pola Xunta. A irregularidade fora constada pola propia Garda Civil, que acudira ao centro a instancias da inspectora autonómica e atopara cinco persoas maiores agochadas no interior dun galpón.

Agora as deficiencias deste centro volven saír á luz tras as denuncias feitas públicas por malos tratos, falta de atención e de persoal. O feito de que a propietaria de Mi Casa, Lucía Pedroso, fose no seu día presidenta da Asociación de Mozos Empresarios de Pontevedra e manteña vinculacións con altos cargos do PP na Xunta leva á CIG a preguntarse “se existe un trato do favor por parte da Administración autonómica cara a esta persoas e ás súas empresas”. 

Na CIG entenden que este tipo irregularidades acontecen porque o actual modelo concibe as necesidades asistenciais “como un negocio que precariza as condicións laborais para así incrementar os beneficios”. Por iso para a central a solución ten que pasar pola creación dun sistema público galego de atención ás persoas: “temos que poñer os coidados no centro das políticas públicas, abandonar a xestión privada, que só busca obter beneficios a costa das persoas maiores, e dignificar as condicións laborais das persoas traballadoras”.

ÚLTIMAS

Caballero reta a Rueda a conseguir “do seu amigo” Luís Montenegro, primeiro ministro luso, o compromiso co AVE en 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en que o Goberno de España...

A Xunta defende o seu traballo na illa de San Simón logo das críticas do Concello de Pontevedra

A Xunta de Galicia reivindicou que "cumpre cos termos" da concesión demanial e do...

Un xulgado Social emite a primeira sentenza ditada en Vigo con uso do sistema de adaptación á lectura fácil

O Xulgado do Social número 2 de Vigo ditou unha sentenza pioneira na cidade ao utilizar...

O BNG de Vigo alerta que o goberno local non mantén “o mínimo de bombeiros” na cidade

O BNG de Vigo alertou este martes de que o goberno municipal que preside...