InicioSociedadeA Eurocidade Tui-Valença podería ser pioneira en mobilidade cun vehículo autónomo

A Eurocidade Tui-Valença podería ser pioneira en mobilidade cun vehículo autónomo

O Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia realiza na vella Ponte Internacional as probas deste novo medio de transporte.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Eurocidade Tui-Valença podería ser a primeira eurocidade europea unida por un vehículo
autónomo e sostible. Os mandatarios da Eurocidade, Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e José Carpinteira, presidente da Cámara de Valença, amosaron o seu interese neste novo medio de transporte tras probar este mércores o prototipo deseñado polo Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG), que está a realizar probas na vella Ponte Internacional, a rúa común que comparten ambos municipios.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou a importancia de que “o CTAG elixise este espazo para realizar esta proba”, e salientou que “foi un día importante para este territorio transfronteirizo polo que supón de innovación tecnolóxica en materia de mobilidade”. “Vemos neste proxecto unha oportunidade en aras de mellorar a mobilidade das persoas entre os núcleos históricos de Valença e de Tui”, proseguiu.

Os alcaldes solicitaron ao CTAG, que amosou “total colaboración”, estender este proxecto piloto máis aló da ponte internacional ata os conxuntos históricos das dúas cidades, para poder candidatar este proxecto á próxima convocatoria dos fondos POCTEP, programa Interreg VA España-Portugal.

Enrique Cabaleiro, pola súa banda, afirmou que “ese é o reto que temos por diante, e no que imos traballar porque nos parece un proxecto moi bo para este ámbito, e que ademais pode aportar moitísima mellora de mobilidade ao reducir o tráfico rodado de vehículos e apostar por un medio de transporte urbano, colectivo e totalmente sostible que pon o territorio no futuro”.

O CTAG leva meses probando na vella Ponte Internacional de Tui este novo vehículo, que forma parte dun proxecto europeo no que proban como a tecnoloxía 5G poden axudar a mellorar a condución autónoma en entornos complexos como os urbanos e transfronteirizos. Este vehículo eléctrico, aínda que é totalmente autónomo, deberá levar un supervisor.

“Concluídas as probas nuns meses, a presentación deste proxecto para toda Europa terá lugar na vella ponte internacional, o que suporá un escaparate moi importante para a Eurocidade“, sentenzan dende o Concello de Tui.

ÚLTIMAS

Piden catro anos de prisión para dous acusados de tráfico de drogas

A Fiscalía pide 4 anos de cárcere para dúas persoas acusadas de tráfico de...

Roubou un coche e levou a unha nai e os seus fillos: Fiscalía solicita penas severas en Vigo

A Fiscalía solicita 16 anos e 8 meses de prisión para un home acusado...

Derrube dunha bancada en Gondomar durante un partido provoca varios feridos

No operativo participaron os profesionais de Urxencias SaniVarias persoas resultaron feridas tras ceder un muro...

Varios feridos, entre eles un xogador, tras ceder un muro das gradas no campo de fútbol do Gondomar

Un partido de fútbol cadete entre o Gondomar CF e o Val Miñor rematou...