InicioSociedadeComeza a tempada alta nas Cíes con case 1.200 reservas para a...

Comeza a tempada alta nas Cíes con case 1.200 reservas para a ponte das Letras Galegas

É imprescindible contar cunha autorización da Xunta para poder visitar o arquipélago.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este domingo, día 15 de maio, arrinca oficialmente a tempada alta no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, un período que se estenderá ata o próximo 15 de setembro e durante o cal será imprescindible contar cunha autorización da Xunta para poder viaxar aos arquipélagos de Cíes e de Ons.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou este venres as Cíes, onde indicou que xa hai case 1.200 reservas confirmadas para as xornadas do 15, 16 e 17 de maio, coincidindo coa ponte das Letras Galegas.

Neste sentido, a responsable autonómica destacou o interese turístico crecente que esperta o arquipélago vigués entre os visitantes que acoden cada ano a Galicia, principalmente durante os meses de verán.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...