InicioSociedadeAsociacións e plataformas de Vigo mobilízanse en contra do PXOM de Vigo

Asociacións e plataformas de Vigo mobilízanse en contra do PXOM de Vigo

As asociacións de veciños e colectivos participantes acordaron unha nova reunión para o 30 de marzo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

AVIBE convocou unha reunión coas asociacións e plataformas de Vigo para iniciar mobilizacións e buscar puntos en común en contra doPXOM da cidade. Foi o pasado xoves 10 de marzo ás 20:00 horas e alí estiveron Adega, a Asociación de Afectados pola ampliación do polígono de Balaídos, a Asociación de veciños da Curva de San Gregorio, a Asociación de veciños do Emilio Crespo de San Paio de Navia e a Asociación de veciños do Freixo.

Tamén acudiron a Asociación de veciños de Lavadores, a de Sárdoma, a de Teis, a de Valladares, a de Zamáns e por último a de Bembrive de Pé.

Dita reunión celebrouse na Asociación de veciños de Valladares e tiñan os seguintes obxectivos: a unión das asociacións e colectivos contra o PXOM de Vigo, a presentación de AVIBE como plataforma e dar a coñecer a problemática do vial PO-010, tratar as irregularidades no PXOM e recuperar o movemento veciñal de Vigo.

A reunión rematou de maneira exitosa onde as asociacións de veciños e colectivos participantes acordaron unha nova reunión prevista para o 30 de marzo na que se incorporen máis asociacións para continuar traballando nunha fronte común polo ben das parroquias, dos veciños e de Vigo.

ÚLTIMAS

Juan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de “María Rita”

'María Rita', de Juan Barbazán, confirmou como a gran gañadora na entrega de premios...

Primeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre sindicatos e empresa

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...