InicioPonteareas exixe á Xunta solucións para a "caótica" situación do Centro de...

Ponteareas exixe á Xunta solucións para a “caótica” situación do Centro de Saúde

A situación está sendo moito máis difícil esta semana xa que moitos concellos da comarca non dispoñen de servizo de pediatría e teñen que desplazarse a Ponteareas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Ponteareas, a través da súa alcaldesa e concelleira de Sanidade, Cristina Fernández Davila, reclama á Xunta a solución “da situación crítica e caótica que están a sufrir no Centro de Saúde e no PAC dende fai uns meses”. “A situación é cada vez máis insostible e non están a atender as necesidades básicas de saúde das nosas veciñas e veciños”, avisa.

A rexedora informa que hai 7.500 persoas sen médico de familia asignado e que son atendidos polo servizo de urxencias ou por outros facultativos ou facultativas, cada vez un diferente. Situación que empeorará a partir do día 31 cando unha nova renuncia dun médico deixará a outras 1.500 persoas sen atención estable.

A falta de persoal, que en Nadal e en verán é aínda máis grave, con só un terzo da plantilla, provoca que a veciñanza de Ponteareas teña que enfrontarse a dificultades para contactar co persoal administrativo, para conseguir citas (incluso telefónicas), para consultas presenciais e para facer un seguimento e control de enfermidades crónicas.

SÓ UN PEDIATRA NA COMARCA

A situación está a ser aínda máis críticas esta semana, xa que os concellos de Mondariz, Mondariz Balneario, O Covelo, As Neves, Arbo e A Cañiza non dispoñen de servizo de pediatría, polo que os e as pacientes son desprazados a Ponteareas, “o que aumenta carga de traballo a unha atención que xa está no seu límite”, denuncia a alcaldesa.

Cristina Fernández tamén lle lembrou ao Goberno galego que coa entrada en vigor do novo PXOM de Ponteareas xa existe a posibilidade real de dispoñer de terreos dotacionais para construír o novo Centro de Saúde. “Puxémonos a disposición da Consellería para reunirnos cos seus técnicos e poder avanzar con axilidade”, explica a alcaldesa.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...