InicioSociedadeO feminismo de Vigo convoca unha concentración para pedir "xustiza para Déborah"

O feminismo de Vigo convoca unha concentración para pedir “xustiza para Déborah”

Feminismo Unitario de Vigo impulsa esta protesta para denunciar a situación na que se atopa a investigación do caso.

PUBLICADO O

Case dúas décadas despois, o crime de Déborah Fernández segue moi presente na memoria da cidade de Vigo e nas súas reinvindicacións feministas. De feito, como mostra de apoio á familia e en repulsa a “todos os obstáculos” cos que tiveron que lidar desde que a investigación xudicial se reabriu no 2019, desde Feminismo Unitario de Vigo veñen de anunciar a convocatoria dunha concentración para o día 28 de decembro ás 20.00 horas diante do Marco, na rúa Príncipe de Vigo.

“Queremos denunciar a situación na que se atopa a investigación do asasinato de Déborah Fernández-Cervera”, indican no comunicado. “Sumamos a nosa voz á da familia e xuntas esiximos que se faga xustiza e que o seu crime non quede impune”, ante unha data de prescrición da causa moi inmediata, no 2022.

 

O cadáver desta moza de 22 anos apareceu nunha cuneta no Rosal no ano 2002, logo dunha semana desaparecida tras ser vista por última vez na Praia de Samil. A investigación desta morte arquivouse no ano 2010 sen culpable, mais o xulgado de instrución de Tui ordenou no 2019 a súa reapertura.

Dende ese momento, varias testemuñas foron chamadas a declarar e autorizáronse diferentes probas periciais para chegar a comprender se se tratara dun crime machista por parte da súa exparella, como a familia da moza defende. Con todo, os seus avogados denuncian que a Fiscalía non acepta que se cite a declarar como impultado ao principal sospeitoso da súa morte. O avogado da familia, Ramón Amoedo, asegura que se esta situación se mantén, pedirán o arquivo da causa e que se acabe o “paripé”, ante a proximidade da data de prescrición do delito, en abril do ano que vén.

Nas súas últimas declaracións públicas, Ramón Amoedo incidiu en que “se reabriron o caso en 2019 para investigar, que investiguen, e se a Policía apunta a un sospeitoso, que o citen a declarar”. “Se reabriron o caso para lavar conciencias non o lograron, e se queren pechalo o 30 de abril de 2022 por prescrición do delito, pécheno xa. Non imos permitir unha segunda morte de Déborah“, sentenciou o avogado.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...