InicioSociedadeA policía portuguesa fai controis aleatorios na fronteira tras as novas restricións...

A policía portuguesa fai controis aleatorios na fronteira tras as novas restricións Covid impostas no país

PUBLICADO O

- Advertisement -

Comezaron as operacións de vixilancia nas fronteiras terrestres que unen o Alto Minho con Galicia. A Guarda Nacional Republicana (GNR) e o Servizo de Estranxeiros e Fronteiras (SEF) iniciaron as operacións “aleatórias” aos visitantes que entran en Portugal por vía terrestre desde Galicia, tal e como informa o medio Radio Vale do Minho.

Ao longo do pasado mércores houbo un forte control policial en Vila Nova de Cerveira, próximo á Ponte da Amizade, que conecta co concello de Tomiño e polo que cruzan diariamente centos de persoas, moitos deles traballadores.

Portugal entrou este mércores en Estado de Calamidade. Unha situación que vai prolongarse até ao día 20 de marzo de 2022 e que provocou o aumento de restricións para a entrada no país.

Para entrar en Portugal polas fronteiras terrestres é esixido proba PCR negativa aos cidadáns oriundos de países exteriores á Unión Europea e dos países da UE considerados de nivel de risco vermello ou vermello escuro, que é o caso de Galicia.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...