InicioPortugal obrigará a ter o certificado de vacinación ou un test negativo...

Portugal obrigará a ter o certificado de vacinación ou un test negativo para cruzar a fronteira

Practicará controis aleatorios que tamén poderán afectar aos traballadores transfronteirizos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Portugal requerirá certificado de vacinación para cruzar a súa fronteira dende España ou, non seu defecto, un resultado negativo de covid-19. Así o vén de apuntar o executivo luso nun comunicado no que apunta á alza de casos rexistrada nas últimas xornadas polo Estado español –neste momento en nivel laranxa– e ás medidas tomadas para tentar limitar a incidencia desta alza ao outro lado da fronteira.

As autoridades portuguesas subliñan que requerirán do certificado covid de vacinación para cruzar a fronteira a través de rexistros aleatorios. Pero tamén permitirán cruzar ás persoas que non se vacinaran e poidan presentar unha proba negativa de covid. Esta pode ser un test PCE –que terá unha validez de 72 horas dende o momento no que foi expedido o negativo– ou un test rápido de antíxenos, cuxa validez se estenderá durante 48 horas. Dende o executivo luso non apuntan á data de entrada das medidas pero si a que afectarán as persoas que exerzan a menos de 30km da fronteira e, polo tanto, se conten como traballadores transfronteirizos. 

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...