InicioSociedadeComezan as obras do novo paseo de Bouzas

Comezan as obras do novo paseo de Bouzas

"Esta é a obra máis importante que se fixo nunca en toda a historia de Bouzas", di Caballero, que afirma que permitirá "envorcar" a cidade "cara á praia e cara ao mar".

PUBLICADO O

- Advertisement -

As obras de construción do novo paseo de Bouzas, que contemplan a reforma da fronte marítima entre a igrexa e a ponte da VG-20, iniciáronse este martes, e permitirán “envorcar” a cidade “cara á praia e cara ao mar”.

Así o destacou o rexedor de Vigo, Abel Caballero, nunha rolda de prensa na que lembrou que esta ‘humanización’ prevé actuar en case 8.000 metros cadrados, cun investimento de 3,7 millóns de euros e un prazo de execución duns 12 meses.

Segundo apuntou, as obras permitirán “cambiar o concepto” de espazo público na zona, integrando o paseo na contorna e utilizando elementos “amables” coa contorna. Así, haberá un novo paseo de madeira, tres zonas de acceso ao areal mediante escaleiras e bancadas que chegarán ata o mar e nas que “se poderá tomar o sol”.

“Esta é a obra máis importante que se fixo nunca en toda a historia de Bouzas”, subliñou o alcalde, quen explicou que o obxectivo da actuación é que a cidade e Bouzas “envoquen” cara á praia e cara ao mar, en lugar de darlles as costas.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...