InicioSociedadeO BNG pide a Goberno e Xunta que interceda polo mariñeiro de...

O BNG pide a Goberno e Xunta que interceda polo mariñeiro de Bueu retido en Iemen

Os nacionalistas denuncian o "abandono" de Exteriores e advirten da situación "extrema" que atravesa o patrón.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG solicitou ao Goberno central e á Xunta que intercedan polo patrón de barco galego que se atopa retido xunto coa súa tripulación nun porto de Iemen desde finais de setembro do ano 2020. Os nacionalistas presentaron senllas iniciativas no Congreso e no Parlamento galego para urxir ás administracións estatal e autonómica que “realicen as xestións necesarias” para que Pablo Costas, natural de Bueu e patrón do buque ‘Cobija’, sexa liberado.

Segundo recolle un comunicado, o Bloque censura a situación de “abandono” que, di, padece o mariñeiro galego por parte das autoridades desde que o seu barco foi retido a finais de setembro no porto iemení de Al Mukalla.

O buque ‘Cobija’ (inicialmente con bandeira de Bolivia e, máis tarde, de Somalia) arribou a este porto o 26 de setembro do ano 2020 tras recibir a autorización do Goberno de Iemen. Desde entón, permanece fondeado en Al Mukalla despois de ser acusado por Australia de pesca ilegal. O buque e a súa tripulación foron xulgados e condenados a tres meses de arresto que, segundo o BNG, xa cumpriron.

A portavoz de Pesca do BNG no Parlamento galego, Rosana Pérez, advirte que a situación a bordo do ‘Cobija’ é “insustentable” tras once meses de retención durante os cales, continúa, o Goberno español a través do Ministerio de Asuntos Exteriores mostrou unha “inoperatividade manifesta” limitándose a “facer chamadas telefónicas e desembararse do caso”.

A formación frontista tamén cuestiona o papel da Xunta, á que insta a realizar as xestións necesarias para conseguir a repatriación a España de Pablo Costas.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...