InicioCulturaComezan as Rutas de Artes e Oficios 2018 en Tomiño: Visita o...

Comezan as Rutas de Artes e Oficios 2018 en Tomiño: Visita o taller do artista

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este xoves, 12 de xullo, comezan as Rutas de Artes e Oficios 2018; unha das actividades de verán organizadas polo Concello de Tomiño dende a Aula-Museo Antonio Fernández de Goián.

Trátase dunha serie de visitas aos talleres de diferentes artistas asentados no concello, co fin de coñecer de primeira man as súas obras e os procesos de traballo, así coma os materiais que cada un utiliza nas súas creacións.

A actividade é para todos os públicos e de balde, e so é preciso inscribirse na páxina do concello. A primeira visita, xoves 12 de xullo, será ao estudo de escultura e cerámica de Liliya Pobornikova e Nando Álvarez. Nas ligazóns podedes abrir unha nova pestana cara as súas páxinas web, nas que amosan parte da súa obra.

LILIYA POBORNIKOVA

Liliya Pobornikova naceu en 1979 en Bulgaria. Actualmente vive e traballa en Tomiño. Estudou na Escola Nacional de Artes en Sofía – Escultura en madeira. Traballa con diferentes materiais, como pedra, madeira, metal, cera, formigón, bronce, cerámica, xeo, neve…

As súas esculturas están representadas en coleccións públicas, entre as que destacan obras en museos de Taiwan, Dinamarca, Eslovenia, Exipto, China e Brasil, así como en coleccións particulares.

Participou en 101 simposios de escultura en 31 países dende 2001 ata a actualidade. Austria, Arxentina, Bulgaria, Brasil, China, Chipre, Dinamarca, Exipto, Francia, Alemaña, Guatemala,bItalia, Xapón, Luxemburgo, Lituania, Letonia, México, Noruega, Paraguai, Portugal, Polonia, Rusia, Eslovenia, Suecia, Suíza, España, Turquía, Taiwan, Tailandia e EE. UU.

Recibiu premios polo seu traballo fotográfico en “Revista Destacados”; e “National Geographic Magazine”, así como en diversos simposios e concursos.

nando álvarez

Nando Álvarez, natural de Tomiño, naceu en 1975. Cursa a licenciatura de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente un ciclo superior de Escultura na escola Mestre Mateo.

Traballa principalmente con mármore e granito, aínda que tamén con bronce e madeira. As
súas obras acusan a influencia da natureza a través das formas e movementos orgánicos.A súa actividade expositiva comeza en 1996, en Tomiño, e a partir de aí, recorre diferentes cidades e países participando en mostras tanto colectivas como individuais.

Ao longo da súa carreira participa en máis de 80 obradoiros, concursos e simposios
internacionais de máis de 20 países diferentes, entre os que se encontran China, Brasil,
Turquía, Alemaña, Francia, México ou Estados Unidos.

A súa obra está representada en coleccións particulares e públicas ao longo do mundo.
A segunda saída será o 26 de xullo, ocasión na que o escultor tomiñés, Antúnez Pousa, abrirá as portas do seu estudo a todas as persoas que queiran coñecelo.

O xoves 9 de agosto, será Pilar Alonso (pintora) quen amose o seu traballo e, finalmente, o 30 do mesmo mes, Xuxo Vázquez, escultor afincado en Tomiño, revelará algúns secretos da súa forma de facer arte.

ÚLTIMAS

Vigo preséntase este xoves en Fitur como unha cidade “única no mundo”: do Nadal aos concertos de Castrelos pasando polas praias e as filmacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou de que o Concello se presentará este xoves...

Luisa Sánchez confirma que optará á presidencia do PP de Vigo e avisa: “Veño para quedar”

A concelleira do PP no Concello de Vigo e vicepresidenta da Deputación de Pontevedra,...

Suspenden a licenza de reforma dun dos edificios xudiciais de Vigo para aclarar a titularidade do inmoble

O Concello de Vigo decidiu suspender preventivamente a licenza outorgada á Xunta para reformar...

Expertos en robótica, ciberseguridade ou IA reuniranse en Vigo do 10 ao 14 de febreiro

As X Xornadas de Automatización Industrial (JAI), impulsadas pola Universidade de Vigo, coa cooperación...