InicioSociedadeSalceda, Gondomar, Ponteareas, Cangas, Nigrán, O Porriño, Tui e Vigo con restricións

Salceda, Gondomar, Ponteareas, Cangas, Nigrán, O Porriño, Tui e Vigo con restricións

Salceda, Gondomar, Ponteareas teñen nivel alto de restricións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

 comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia vén de incorporar a Laza no nivel máximo de restricións no que tamén mantén aos  concellos de Vilanova de Arousa e Cualedro, pero do que saca a Carballeda de Valdeorras, que pasa a restricións medias.

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Petín, A Merca, A Pastoriza, Mesía, Ribeira, Padrón, Marín, O Grove, Meaño, Cambados, Salceda de Caselas, Gondomar, Ponteareas e Coristanco.

Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos termos municipais de Muíños, Verea, O Barco de Valdeorras, Cartelle, Lobios, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Carballeda de Valdeorras, Meira, Chantada, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Melide, Carnota, Ordes, Lalín, Silleda, Ribadumia, Poio, Vilagarcía de Arousa, Cangas, Nigrán, O Porriño, Tui, Vigo, A Laracha, Betanzos, Cambre, Carballo e Ares.

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro luns, 3 de maio.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...