InicioSociedadePor fin abre a fronteira Con Portugal tras máis de tres meses...

Por fin abre a fronteira Con Portugal tras máis de tres meses fechada

As medidas de desescalada inclúen a ampliación do horario de apertura de restaurantes, cafés e pastelarías até as 20:30.

PUBLICADO O

- Advertisement -

EFE. O primeiro ministro de Portugal, António Costa, anunciou este xoves que a apertura de todos os postos fronteirizos con España, incluídos os galegos, que permanecen pechados desde xaneiro debido á pandemia, será reaberta ao tránsito normal o sábado.

Esta medida forma parte da última fase do plan de desconfinamiento de Portugal, que poderá avanzar desde este sábado grazas á tendencia positiva que rexistra a pandemia no país luso, informou Costa en rolda de prensa.

Portugal decretou o peche das fronteiras con España o 31 de xaneiro e desde entón só se permitiu o tránsito de nacionais e residentes, transporte de mercadorías e traballadores transfronteirizos, polos pasos autorizados polas autoridades.

As medidas de desescalada inclúen a ampliación do horario de apertura de restaurantes, cafés e pastelarías até as 20:30. Os ximnasios e as actividades deportivas recuperan a actividade normal e ampliarase o horario dos espectáculos culturais ás 22:30. Tamén se permitirán as vodas e bautizos cun aforamento do 50%.

No entanto, o teletraballo seguirá sendo obrigatorio e as zonas con peores indicadores epidémicos seguirán mantendo restricións. O presidente do país luso, Marcelo Rebelo de Sousa, anunciara o mércores que non proporía unha nova renovación do estado de emerxencia, o nivel de alerta máis alto. “Decidín non renovar o estado de emerxencia”, comunicou o xefe do Estado nunha declaración ao país, na que explicou que tomou a decisión tras ouvir aos especialistas, ao Goberno e aos partidos que integran o Parlamento.

Cunha terceira onda durísima, o 15 de xaneiro decretouse un confinamento xeral e o Goberno só empezou a aliviar as restricións, de forma gradual, dous meses despois. Este martes as autoridades mantiveron unha reunión con epidemiólogos e outros especialistas, que confirmaron que a situación da pandemia é estable.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...