InicioSucesosLocalizada en bo estado a muller desaparecida en Cangas desde o domingo

Localizada en bo estado a muller desaparecida en Cangas desde o domingo

A muller foi procurada con drons.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A muller septuaxenaria desaparecida a última hora da tarde deste domingo no municipio de Cangas do Morrazo foi localizada este luns en bo estado de saúde. Así o confirmaron a Europa Press fontes do 112 Galicia, que indicaron que a muller foi localizada pasados uns minutos das 13,30 horas deste luns na zona das Lagoas de Vilariño.

As mesmas fontes sinalaron que, aínda que esta persoa atopábase “ben”, foi trasladada a un centro hospitalario para unha valoración realizada por persoal facultativo.

O equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) participou, desde a mañá deste luns, no operativo de procura desta muller. O 112 Galicia recibiu o aviso do Servizo Municipal de Emerxencias de Cangas a última hora da tarde deste domingo da desaparición na súa localidade.

Segundo os datos solicitados no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, a muller, de 75 anos de idade, faltaba desde as primeiras horas da pasada xornada.

Na súa procura, levada a cabo nos arredores do bosque encantado de Vilariño, han articipado axentes da Garda Civil, da Policía Local de Cangas e membros de Protección Civil da localidade.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...