InicioSociedadeA estrada que une Moureira e Palmás en Moaña terá unha senda...

A estrada que une Moureira e Palmás en Moaña terá unha senda peonil

As obras enmárcanse no plan de sendas da comarca, que inclúe o desenvolvemento de oito itinerarios seguros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Administración galega activou a construción dunha senda peonil que transcorrerá paralela á estrada que une Moureira e Palmás, en Moaña.

A actuación, que recibiu luz verde no Consello da Xunta deste xoves, conta cun orzamento de case 1,7 millóns de euros, entre os que se inclúen os pagos das expropiacións para a súa execución e que tamén iniciaron a súa tramitación.

As obras enmárcanse no plan de sendas da comarca do Morrazo, que inclúe o desenvolvemento de oito itinerarios seguros a través dun investimento de máis de 4,5 millóns de euros.

Finalmente, segundo destaca a Xunta, a intervención está coordinada co proxecto para a eliminación dun tramo de concentración de accidentes en Domaio que conta cun prespuesto de máis de medio millón de euros.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...