InicioSociedadeOs pallasos solidarios regresan ao Álvaro Cunqueiro cun gran espectáculo exterior

Os pallasos solidarios regresan ao Álvaro Cunqueiro cun gran espectáculo exterior

Convocan un pasarrúas con máis de 30 persoas para animar os ingresados e agradecer o traballo do persoalsanitario.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O persoal do hospital Álvaro Cunqueiro, así como os pequenos e maiores ingresados nas súas unidades, poderán desfrutar o vindeiro xoves de 18 dun pasarrúas que terá lugar no exterior da edificación. O acto, convocado por Galiclown – Pallasos de Hospital, terá lugar a partir das 11 da mañá coa intención de “animar ás persoas que están ingresadas e, ao mesmo tempo, agradecer o traballo a todo o persoal sanitario que alí traballa cada día dende hai xa un ano”.

O anuncio de Galiclown chega despois de que, por mor das actuais circunstancias sanitarias, se viran impedidos de realizar as súas actividades habituais no interior do centro. “Xa que aínda non podemos entrar nas instalacións, seguimos animando no covid auto todas as semanas”. O acto prevé convocar a 30 pallasos e será semallante a outros como o celebrado no pasado mes de novembro.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...