InicioSociedadeA familia dunha viguesa falecida por cancro de mama será indemnizada con...

A familia dunha viguesa falecida por cancro de mama será indemnizada con 240.000 euros por erro no diagnóstico

A Audiencia de Madrid establece que non se usaron os medios dispoñibles para facer un diagnóstico a tempo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Audiencia de Madrid estimou un recurso interposto pola familia dunha muller, paciente dunha clínica de Vigo, e que faleceu á idade de 36 anos, despois de que se lle diagnosticase un cancro de mama, ao considerar que non se puxeron os medios adecuados para facer un correcto diagnóstico da enfermidade e houbo unha “perda de oportunidade terapéutica”.

Os feitos remóntanse a 2006, cando a paciente se someteu a unha revisión nese centro médico privado de Vigo, na que se lle detectaron uns nódulos no peito que foron diagnosticados como benignos. Dous anos despois, a muller acudiu de novo ao centro ao notarse un vulto na mama dereita e comprobouse que os nódulos persistían.

Semanas despois, nunha nova exploración, o médico que a atendeu recolocou a lesión “de forma confusa”, sen que quedase clara a súa localización, e non se pediron probas complementarias para afinar o diagnóstico, segundo recalcou o avogado que representou os intereses da familia demandante, Cipriano Castreje.

Xa no ano 2009, a paciente volveu acudir á clínica, estando embarazada do seu segundo fillo, e, tras realizarlle unha ecografía, determinouse que tiña un nódulo de 10×13 mm, coa cualificación BIRADS4 (sospeita de posible cancro).

Pouco despois, e xa a través doutra doutora, a muller obtivo o diagnóstico definitivo: un carcinoma infiltrante, e varios nódulos. A partir de maio, a muller someteuse a quimioterapia e radioterapia pero, tras un longo proceso, acabou falecendo en outubro de 2009.

PROCESO XUDICIAL

A súa familia denunciou os feitos pola vía penal, pero un xulgado de Vigo arquivou a denuncia, ao entender que non se cometeu ningunha neglixencia no proceso. A partir de entón, recorreron á vía civil e lograron que un xulgado de Majadahonda (onde ten sede a compañía aseguradora da clínica) fallase ao seu favor e establecese unha indemnización, para o viúdo e os fillos da falecida, de 150.000 euros.

Tanto a aseguradora como a familia demandante recorreron, e agora a Audiencia de Madrid, estimando parcialmente o recurso, determinou que houbo unha perda de oportunidade terapéutica, xa que “non se fixo uso de todos os medios técnicos de que se dispuña para localizar debidamente a lesión definida no informe radiolóxico (…) e verificar a súa categorización BIRADS, o que tería permitido facer un diagnóstico moito antes da enfermidade que tiña a paciente”.

Por iso establece que a indemnización ao viúdo e aos fillos debe elevarse ata os 240.000 euros, aínda que a compañía aseguradora faríase cargo ata os 150.000 euros, máximo contemplado na póliza.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...