InicioSociedadeDenuncian que a Xunta cesará "de forma inxustificada a decenas de funcionarios"...

Denuncian que a Xunta cesará “de forma inxustificada a decenas de funcionarios” en xulgados de Vigo

A Xunta responde que a norma que regula o concurso de traslados é a que establece que un funcionario que participa no concurso "debe cesar no seu posto".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Alternativas na Xustiza – CUT denunciou que a Dirección Xeral de Xustiza, “aproveitando un concurso de traslado, vai cesar de forma inxustificada a decenas de funcionarios titulares e interinos que actualmente están a facer substitucións en distintos xulgados” do partido xudicial de Vigo.

O sindicato indicou que esta decisión “é absolutamente unilateral e só vai pasar en Galicia”. “No resto de comunidades autónomas non tomaron tal decisión e actuaron con sentido común, pensando no propio funcionamento da Administración de Xustiza”, aseverou.

Neste sentido, recalcou que esta decisión suporá “un aumento da burocracia da Xunta” e provocará que o xulgado de instrución de garda “non teña o cadro de persoal completo para realizar a garda”.

“Non é menos grave a repercusión” que esta “caprichosa decisión” terá “sobre xulgados que están sobrecargados ou colapsados”, engadiu AXG-CUT, que a colación diso puxo como exemplo os xulgados do penal, nos que terán lugar “varios dos cesamentos” a pesar de ser “uns dos máis colapsados do partido xudicial de Vigo”.

Así, esixiu que a Xunta rectifique sobre esta “decisión arbitraria de cesar a estes traballadores”, posto que terá unha repercusión directa sobre o traballo na propia administración, nos xulgados e, en definitiva, no servizo público aos cidadáns”.

RESPOSTA DA XUNTA

En resposta a estas denuncias, a Dirección Xeral de Xustiza da Xunta trasladou que a norma que regula o concurso de traslados é a que establece que un funcionario que participa no concurso “debe cesar no seu posto” –en propiedade ou en substitución– para poder tomar posesión da nova praza que obtivo tras solicitar voluntariamente no concurso.

ÚLTIMAS

Juan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de “María Rita”

'María Rita', de Juan Barbazán, confirmou como a gran gañadora na entrega de premios...

Primeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre sindicatos e empresa

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...