InicioSociedadeA propietaria do edificio que se derrubou en Vigo solicita a súa...

A propietaria do edificio que se derrubou en Vigo solicita a súa demolición “por medidas urxentes”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A propietaria do edificio en ruínas cuxa fachada se derrubou a principios de febreiro na zona viguesa do Areal presentou ante Patrimonio da Xunta unha solicitude “por medidas urxentes” para levar a cabo a demolición.

Así o trasladou a concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, que indicou que esta petición se produce por mor “das medidas urxentes decretadas” polo Goberno olívico tras o derrube, de forma que a propietaria está á espera de “ter o visto e prace da Xunta para derrubar de forma inmediata” o edificio.

No mesmo comunicado, a edila desmentiu as declaracións do Partido Popular, que este martes asegurou que Patrimonio da Xunta “autorizou xa en 2013 a demolición” da parte do edificio en ruínas que se derrubou.

Caride remarcou que “non é certo que Patrimonio autorizase a derriba do edificio” en 2013, senón que naquel momento pedíuselle á propietaria que presentase “un novo proxecto de demolición modificado e un proxecto básico de edificación substitutiva”, que debían ser aprobados “previamente á demolición”.

Segundo explicou, tras varios recursos e informes, é así como “a xefa territorial de Cultura” autorizou a derriba “o 11 de maio de 2020”. Neste contexto, insistiu en que “a obrigación imposta para autorizar a derriba resultou inútil polo propio colapso do edificio”.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...