InicioSociedadePortugal non enviará pacientes covid a Vigo

Portugal non enviará pacientes covid a Vigo

Di que, polo momento, son quen de responder as necesidades actuais cos seus propios dispositivos asistenciais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno portugués agradeceu o ofrecemento da Xunta para tratar a pacientes de coronavirus do país luso, pero sinala que por agora non necesita derivar a afectados.

Nun comunicado este sábado, o Executivo galego informa de que Portugal, a través do coordinador rexional norte para a resposta de UCI, remitiu unha carta ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na que agradece a súa dispoñibilidade.

Aínda que o coordinador portugués fai mención a que a rexión norte continúa cunha gran presión asistencial, polo momento son capaces de responder as necesidades actuais cos seus propios dispositivos asistenciais. Con todo, non descartan recorrer a esta axuda se é necesario no futuro.

Este mesmo sábado, o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, asegurou –nunha entrevista coa Radio Galega, que recolle Europa Press– que hai unhas 30 camas dispoñibles no Chuvi para atender en “un primeiro momento” a pacientes que poida derivar Portugal en caso de ser necesario.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...