InicioSociedadeA Fundación Universidade de Vigo, clasificada como entidade "de interese educativo"

A Fundación Universidade de Vigo, clasificada como entidade “de interese educativo”

A Xunta de Galicia determinou que a Fundación Universidade de Vigo queda "adscrita ao protectorado da Consellería de Cultura, Educación e Universidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves, 4 de febreiro, a orde da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se clasifica a Fundación Universidade de Vigo como entidade “de interese educativo”.

Esta fundación, constituída en 1997, modificou o pasado ano 2019 os seus estatutos para cambiar o seu ámbito ao ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, e inscribirse no Rexistro de Fundacións da Xunta.

Segundo consta nos seus estatutos, a Fundación Universidade de Vigo ten como principal obxectivo cooperar no cumprimento dos fins propios da Universidade olívica. Así, encárgase de “prestar servizos necesarios para que a Universidade de Vigo realice as súas funcións básicas, e non supoñan exercicio de función de autoridade”, ou de “promover e desenvolver actividades que favorezan a cooperación internacional da Universidade de Vigo”.

Entre as súas funcións tamén destaca “impulsar e realizar actividades de formación non regulada co fin de lograr as máximas cotas de calidade de docencia e investigación“, “fomentar a actividade emprendedora e fomento do emprego do estudantado universitario”, “promover a cooperación entre a universidade e o sector empresarial, entidades e institucións”, ou “fomentar a realización de actividades que favorezan a integración da Universidade de Vigo na súa contorna económica, cultural e social”.

Agora, a Xunta determinou o “interese educativo” da entidade e, segundo disponse na orde publicada, a Fundación Universidade de Vigo queda “adscrita ao protectorado da Consellería de Cultura, Educación e Universidade“.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...