InicioSociedadeA Xunta mantén apartados da docencia aos profesores da Escola de Arte...

A Xunta mantén apartados da docencia aos profesores da Escola de Arte Dramática investigados por acoso sexual

Os docentes foron citados a declarar esta mesma semana ante o xulgado en calidade de investigados

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta comunicou que os profesores da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) investigados por supostos delitos de acoso sexual “quedaron apartados da docencia como medida cautelar” ante o proceso aberto contra eles.

En declaracións a Europa Press, fontes da Xunta manifestaron que, tras coñecer os feitos denunciados, a Inspección Educativa “actuou con toda determinación e abriu unha investigación interna no centro“. No entanto, “de acordo cos protocolos de actuación nestes casos”, dita investigación quedou en suspenso cando a Fiscalía abriu dilixencias penais, aínda que os profesores investigados “quedaron apartados da docencia como medida cautelar”.

Ante estas circunstancias, a Xunta manifestou o seu respecto á acción da Xustiza e a súa colaboración “en todo o que se precise”. Ademais, reiterou o seu rexeitamento e condena a calquera conduta machista. “Defendemos que a loita contra o acoso debe abordarse dunha forma integral desde todas as perspectivas posibles”, concluíu.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...