InicioSociedadeVarios profesores da ESAD son chamados a declarar como investigados por acoso...

Varios profesores da ESAD son chamados a declarar como investigados por acoso sexual

Estudantes e profesoras iniciaron a principios de 2020 un calendario de protestas e paros para denunciar a situación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número catro de Vigo chamou a declarar en calidade de investigados por supostos delitos de acoso sexual a varios profesores da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), con sede na cidade olívica.

A investigación xudicial partiu das denuncias de varias alumnas do centro educativo. A partir destes acontecementos, estudantes e profesoras iniciaron a principios de 2020 un calendario de protestas e paros para denunciar a situación.

OS ABUSOS “NON FORON EPISODIOS PUNTUAIS”

Naquel momento, unha das profesoras que apoiou ás estudantes asegurou que estes supostos abusos “non foron episodios puntuais”, xa que tamén exalumnas confirmaron “comportamentos que exceden meros comentarios” e supoñen “violencia contra as mulleres”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...