InicioSociedadeSegue subindo a presión hospitalaria en Vigo pola covid

Segue subindo a presión hospitalaria en Vigo pola covid

Aumentan os pacientes na UCI e en planta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O total de hospitalizados con Covid-19 en Galicia descendeu en 24 pacientes, pero aumentaron os ingresados con coronavirus en UCI en 11 ata situarse nos 253. Con respecto á xornada pasada aumentaron lixeiramente os contaxios, cun milleiro máis.

Así se reflicte nos datos publicados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, nos que se indica que os hospitalizados en UCI sitúanse en 253 –once máis– mentres que os que permanecen en planta descenden en 24 ata os 1.186, o que sitúa o cómputo total de ingresados con Covid en 1.439 –un total de 13 menos que a xornada anterior–. Este descenso de hospitalizados non se produce en Vigo no que aumentan nun ata os 25 na UCI e en seis ata os 172 en planta, respectivamente.

Tamén subiron os casos activos de coronavirus en Galicia ata os 22.522, o que supón 102 máis que a xornada anterior, tras o descenso da xornada anterior, pero soben na área sanitria de Vigo (3.861).

En canto aos contaxios diarios detectados por diferentes tipos de probas, aumentaron en 1.001, tras situarse na xornada pasado por baixo do milleiro por primeira vez en varias semanas. Deste xeito as persoas contaxiadas en Vigo ascenden a 16.192.

Pola súa banda, a taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por PCR realizadas– ascende lixeiramente a un 7 por cento, tras caer a un 6,7% na xornada anterior, aínda por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia e do que Galicia non baixa desde o 24 de decembro.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...