InicioSociedadeA pandemia pon ao límite os hospitais cun aumento de ingresos e...

A pandemia pon ao límite os hospitais cun aumento de ingresos e de pacientes en UCI

En Vigo hai 175 hospitalizados, dos que 21 requiren coidados intensivos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goteo de pacientes con covid-19 hospitalizados non cesa en Galicia, que suma outros 50 ingresados máis noutra xornada cos contaxios detectados por enriba dos 1.300 (1.225 por PCR), a taxa de positividade roldando o 10% e os casos activos marcando novo teito da pandemia, segundo datos da Consellería de Sanidade.

Deste xeito, a presión sobre os hospitais galegos mantense en aumento cunha xornada na que subiu a 1.362 o número total de pacientes ingresados, 50 máis que 24 horas antes. Tamén se incrementan as persoas que requiren coidados intensivos, que son xa 232, catro máis que o día anterior.

En Vigo subiron os ingresados, aínda que de forma mínima ata os 175 (+1). Destas persoas, 21 requiren coidados intensivos (sen cambios). Ademais, nesta área superáronse os 200 contaxios detectados nun día cos 277 notificados (+26).

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...