InicioSociedadeDixitou, un proxecto que analiza as condutas aditivas da mocidade nas redes...

Dixitou, un proxecto que analiza as condutas aditivas da mocidade nas redes sociais

A aplicación do móbil consiste nun xogo no que as e os participantes teñen que superar 18 preguntas indicando se son verdadeiras ou falsas.

PUBLICADO O

Un equipo multidisciplinar da Universidade de Vigo está a desenvolver un proxecto de análise e prevención de condutas aditivas e de risco da mocidade nas redes sociais baixo o nome de Dixitou.

O proxecto, liderado por Rubén González, profesor da Facultade de Educación e Traballo Social, e por María Encarnación González, profesora da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense, busca comprobar se o uso das novas tecnoloxías está sendo o máis axeitado por parte da mocidade ourensá.

Coa participación de membros dos grupos de Investigación en Educación, Actividade Física e Saúde (GIES) e do Laboratorio de Informática Aplicada (LIA2), o fin do proxecto é deseñar unha aplicación destinada a mellorar a seguridade dos mozos e mozas e o seu benestar dixital, así como evitar condutas non seguras no uso das redes sociais.

DIXITOU, UNHA NOVA APLICACIÓN DE MÓBIL

Nun contexto no que “o uso das novas tecnoloxías son xa parte esencial na vida cotiá dos mozos e mozas ”, os coordinadores do proxecto sinalan como esta iniciativa converxerá na creación dunha aplicación móbil de carácter socioeducativo que pretende “servir de ferramenta para a prevención de comportamentos de risco no uso das redes sociais, buscando minimizar os seus perigos e aumentando o coñecemento sobre estes”.

En liñas xerais, a aplicación, que está en fase piloto, consiste nun xogo no que as e os participantes teñen que superar, indicando se son verdadeiras ou falsas 18 preguntas formuladas por un vilán, unha persoa aliada e un troll. Estas preguntas agrúpanse en tres mundos, correspondentes coas tres redes sociais máis utilizadas: Instagram, TikTok e Twitter.

“A aplicación está orientada ao público adolescente, os elementos gráficos e a narrativa do xogo que se empregan axústanse ao rango de idade do público que vai a usar a aplicación”, indican os membros do equipo responsable. 

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...