InicioSociedadeBaixa a presión hospitalaria pola UCI na área de Vigo

Baixa a presión hospitalaria pola UCI na área de Vigo

Hai menos pacientes en planta e os mesmos en UCI que hai un día.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presión hospitalaria segue en aumento en Galicia, cuxos hospitais contan con 1.331 pacientes con Covid ingresados, 210 deles en UCI e 1.121 noutras unidades. Ademais, volven repuntar os contaxios diarios con 1.643.

Así se desprende dos datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con datos ata as 18,00 horas deste xoves, nos que se constata un aumento de 17 pacientes con coronavirus en UCI –esta semana superouse o pico máximo da primeira onda de 177 ingresados con Covid en unidades críticos notificados o 4 de abril– e de 35 máis noutras unidades con respecto á xornada anterior. Por áreas sanitarias, os ingresos descenderon lixeiramente na de Vigo, que conta con 164 en unidades convencionais –oito menos– e 23 mantéñense en UCI –sen cambios con respecto á xornada anterior-.

MÁIS CONTAXIOS E CASOS

Tamén aumentan este venres os casos activos de Covid-19 ata os 22.124, o que supón 511 máis que a xornada anterior. Por áreas sanitarias, 3.799 corresponden a de Vigo. Deste xeito, a cifra toptal de contaxiados desde o inicio da pandemia aumenta en Galicia a 94.289, deles 18.104 da área de Vigo.

En canto á taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizadas– este venres mantense por baixo do 10 por cento como a xornada pasada, nun 9,8%, polo que segue por encima do establecido pola OMS para dar por controlada a pandemia, un 5% do que Galicia non baixa desde o 24 de decembro.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...