InicioCondado-ParadantaA CañizaPortugal pecha a fronteira con España durante dúas semanas

Portugal pecha a fronteira con España durante dúas semanas

PUBLICADO O

O Goberno de Portugal anunciou que a fronteira con España quedará pechada a partir deste venres e durante un prazo inicial de dúas semanas, nun intento por conter a expansión da pandemia de coronavirus, que alcanzou niveis sen precedentes en territorio luso durante este mes.

O ministro do Interior portugués, Eduardo Cabrita, anunciou o peche fronteirizo ao termo do debate sobre a renovación do estado de emerxencia na Asemblea da República, informa a cadea RTP. A ampliación desta medida excepcional ha saído de novo adiante co apoio dos principais partidos.

O primeiro ministro portugués, António Costa, admitiu o mércores pola noite nunha entrevista en televisión que a situación está “moi mal” polo crecemento “exponencial” dos contaxios na terceira onda, que deixou tamén “un número dramático” de falecementos.

A Dirección Xeral de Saúde notificou este xoves novos máximos de casos e falecidos pola pandemia, con 16.432 positivos e 303 falecidos nas últimas 24 horas.

MINISTRA ESPAÑOLA

A ministra de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación, Arancha González Laya, indicou este xoves que España e Portugal están a ultimar unha “limitación temporal” da mobilidade fronteiriza que afectará tanto a portugueses como a españois e que se fai co fin de axudar a controlar o aumento de contaXios nos dous países.

A xefa da diplomacia explicou que Portugal propuxo a España a reintrodución das restricións temporais á mobilidade na fronteira, como xa se fixo anteriormente por “causas de forza maior”, e os dous países están a traballar para unha “limitación pactada de común acordo”.

Neste sentido, aclarou que se se reintroducen estas restricións afectarán tanto os cidadáns portugueses como aos españois que viven nas zonas transfronteirizas, pero confiou en que saiban entender que a decisión ten “a misión sanitaria de axudarnos a limitar o aumento de contaxios”.

ÚLTIMAS

A CIG chama ás mulleres da área de Vigo a “tomar as rúas” ao berro de ‘Stop precariedade. Traballo digno e igualdade’

A CIG presentou este luns en Vigo as mobilizacións convocadas en diferentes localidades da comarca con...

(Vídeo) Dioivo rompe o escenario no seu novo videoclip: o metal galego en todo o seu esplendor

O dúo vigués de metal en galego Dioivo acaba de lanzar un novo videoclip para o seu...

‘A Homenaxe’ achegará a música do gaiteiro Julio Vázquez Carril e o baile tradicional de Oliva López López a Vigo

O Grupo Etnográfico A Buxaina de Coruxo celebrará, o próximo sábado 23 de marzo,...

A Xunta pide ao Concello de Vigo “axilizar ao máximo” o seu informe sobre a PXOM

A Xunta de Galicia pediu ao Concello de Vigo que "emende os erros detectados"...