InicioSociedadeAs vacinas da Covid chegan a área sanitaria de Vigo este martes

As vacinas da Covid chegan a área sanitaria de Vigo este martes

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) retomará este martes a vacinación contra a covid-19 en residencias das sete área sanitarias coas 350 doses de Pfizer-BioNTech que quedaron de reserva do domingo, cando se forneceron as primeiras 150 a usuarios e traballadores do centro Porta do Camiño de Santiago de Compostela, das 500 remitidas polo Goberno central.

Trátase dunha decisión avalada na tarde deste luns polo comité clínico que asesora á Xunta na pandemia. Segundo sinalaron fontes da Consellería de Sanidade, este órgano aposta por “non perder un só día” no plan de vacinación, a pesar do atraso da segunda remesa de dose de Pfizer –18.000 para Galicia– que estaba prevista para chegar este luns pero que finalmente o fará o martes.

Na área sanitaria de Vigo, a primeira será a residencia de maiores Santa Ana de Ponteareas, onde a vacinación empezará antes das 11,00 horas, cando están previstas as comparecencias.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...