InicioSociedadeCríticas nun centro educativo de Vigo por non poder facer exames online

Críticas nun centro educativo de Vigo por non poder facer exames online

Alumnos do CIFP Manuel Antonio de Vigo esixen exames online e o centro educativo atense á Orde do 5 de novembro de 2010.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alumnado do ciclo superior Guía, Información y Asistencias Turísticas (GIAT), en modalidade a distancia, do CIFP Manuel Antonio de Vigo reclama ante a Valedora do Pobo que os exames da primeira avaliación sexan online debido á situación de risco que supón a pandemia do Covid-19 neste centro, onde hai cinco días se detectaran 10 positivos.

Nun escrito remitido aos emdios, din que, a pesar das continuas queixas e o malestar xeralizado dos alumnos e das alumnas, a dirección do centro ignorou as súas peticións amparándose na Orde do 5 de novembro de 2010 que establece que “na ensinanza a distancia, as tutorías colectivas e as probas parciais deberanse facer de xeito presencial”. Porén, o alumnado defende que esta normativa ” non ten nada que ver coa situación excepcional actual”.

O estudantado, escudado na Resolución do 4 de agosto de 2020 da
Dirección General de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa; defende que se poden realizar probar online, xa que a normativa permite este tipo de actuacións para atender ás posibles situacións de risco derivadas da pandemia que poidan surxir no contexto educativo.

Ademais, o alumnado destaca que en, polo menos, outros seis centros de FP a distancia da Coruña, Lugo e Ferrol -tres situados en zonas de risco extremo de incidencia de Covid e dous en zona de risco alto- realizarán estas probas de forma online, “minimizando o risco de exposición dos seus alumnos e alumnas”.

Polo momento, a única resposta por parte do centro foi realizar, “sen previo aviso”, un cambio no calendario de exames, atrasando a data de comezo destes do 1 de decembro ao 9 de decembro, “cos conseguintes problemas para as alumnas que pediran días libres no traballo”, explican os denunciantes.

ÚLTIMAS

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...