InicioSociedadeA incidencia a 14 días en Moaña roza os 450 casos por...

A incidencia a 14 días en Moaña roza os 450 casos por cada 100.000 habitantes

Sanidade resalta a "mellora significativa" dos municipios nos que se suavizan as restricións

PUBLICADO O

- Advertisement -

A incidencia da pandemia a 14 días no municipio pontevedrés de Moaña situouse en 443,3 casos por cada 100.000 habitantes, un dato que, unido á “tendencia ascendente” da detección de contaxios tanto a sete como a tres días e a alta porcentaxe de positivos detectados nas probas PCR, motivou o endurecemento das medidas restritivas neste concello da comarca do Morrazo.

Así figura na orde de Presidencia publicada na tarde noite do mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) na que se establece o paso de Moaña ao nivel 3 de restricións e a saída deste de oito concellos: Verín, Monforte de Lemos, Campo Lameiro, Amoeiro, Coles, Boqueixón, Val do Dubra e Trazo.

Todos eles presentan, segundo reflicte a orde do Goberno galego, unha “mellora significativa” na súa situación epidemiolóxica, polo que se decreta a reapertura do peche perimetral e a posibilidade de que os negocios da hostalaría poidan volver abrir as súas portas –ata agora estaban limitados a servizos para levar ou a domicilio–.

Por contra, a evolución da pandemia levou ao comité de expertos da Consellería de Sanidade a elevar ao grao máximo as restricións en Moaña, onde a incidencia acumulada de casos presenta unha “tendencia ascendente” co dato a 14 días rozando os 450 casos por cada 100.000 habitantes.

Tamén preocupa neste municipio, no que o tramo de idade máis afectado é o que vai dos 20 aos 24 anos, a elevada porcentaxe de positivos que se detecta nas probas PCR e a incidencia acumulada a tres días, baremos que están en niveis de “risco alto” e que levan á Administración autonómica a decretar o peche da localidade e a imposición das restricións máis severas.

As medidas, tanto a entrada ao nivel 3 como a saída del de todos estes municipios, son xa efectivas desde a pasada medianoite do xoves.

ÚLTIMAS

Zendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización e a saúde global

A compañía biotecnolóxica Zendal organizará este venres, 24 de abril, nas súas instalacións do...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...