InicioSociedadeAsí está o mapa da Covid: case toda a área metropolitana de...

Así está o mapa da Covid: case toda a área metropolitana de Vigo en alerta vermella

Soben a 39 os municipios en alerta vermella por Covid, coa entrada de Cerceda, O Grove e Tui

PUBLICADO O

A listaxe de municipios en alerta vermella pola incidencia do coronavirus na última semana subiu este xoves a 39, tres máis respecto da xornada do mércores co ingreso neste grupo do concello coruñés de Cerceda e os pontevedreses do Grove e Tui.

Así figura no mapa ‘semáforo’ que cada día actualiza na súa páxina web a Consellería de Sanidade, no que as provincias da Coruña e Pontevedra acumulan o groso de localidades marcadas en vermello, pois só cinco dos 36 municipios sinalados nesta cor están en Lugo (4) e en Ourense (1).

En concreto, á listaxe da provincia da Coruña (16) incorpórase Cerceda, co que aumenta nun máis respecto ao mércores. En nivel vermello figuran tamén: Arteixo, Boiro, Cabana de Bergantiños, Cambre, Carballo, Coristanco, Culleredo, Ferrol, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Narón, Oleiros, Pontedeume, Porto do Son e Ribeira.

Na provincia lucense mantéñense Lugo, Sarria, Vilalba e Burela e na de Ourense, Xinzo de Limia. No caso de Pontevedra, incorpóranse O Grove e Tui de forma que son 18 os concellos en alerta vermella. Xunto a estes dous, figuran: Cambados, A Estrada, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, Pontevedra, O Porriño, Poio, Ponteareas, Redondela, Sanxenxo, Tomiño, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

A alerta máxima de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus nos últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol –máis de 76 casos nunha semana–, Pontevedra –máis de 96–, Lugo –máis de 112– e Vigo –máis de 332–.

NIVEL LARANXA

No segundo nivel de aviso, o laranxa, hai este xoves un total de 21 concellos, dous menos que na xornada do mércores. No caso da provincia ourensá mantense en dúas: Barbadás e Ourense, mentres que na de Lugo segue en tres, pero deste grupo sae Monforte e incorpórase Foz. Ademais, mantéñense Guntín e Chantada.

Na provincia da Coruña, son un total de 11 neste nivel coa incorporación de Oroso. A el súmanse Ames, Betanzos, A Coruña, Fene, Ordes, Ponteceso, Santa Comba, Santiago, Vimianzo e Rois.

En canto á provincia de Pontevedra, figuran un total de cinco, cun descenso de catro respecto da xornada anterior. Son Caldas de Reis, que se incorpora; A Guarda, Salvaterra de Miño; Vilaboa e Vilanova de Arousa.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...