InicioSociedadeO colexio Santiago Apóstol de Vigo mantén 18 positivos e 8 aulas...

O colexio Santiago Apóstol de Vigo mantén 18 positivos e 8 aulas pechadas

É un dos centros educativos con maior incidencia da Covid.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A incidencia da COVID-19 nos centros educativos investiu a tendencia de incremento progresivo de casos rexistrada nas últimas semanas, por outra fase de redución no total de contaxios que actualmente se sitúan nos 1.263 positivos que obrigan a manter pechadas polo menos 70 aulas en escolas, institutos e gardarías de Galicia.

No entanto, aínda se rexistran brotes importantes nas instalacións educativas galegas que chegan a superar os 20 positivos nun mesmo centro e que obrigan a tomar medidas específicas de actuación para tentar analizar o alcance da infección.

Así pois, un dos puntos de maior incidencia é o centro privado plurilingüe Santiago Apóstol de Vigo, que reduciu o número de positivos ata o 18 pero que mantén un total de oito aulas pechadas debido aos brotes rexistrados nas instalacións.

Outro dos casos máis grave de Galicia sitúase no CEIP Fogar de Carballo. O centro suma novos contaxios e alcanza xa os 22 positivos, ademais de cinco aulas pechadas debido aos brotes detectados no centro. O Sergas está a realizar un cribado entre alumnos e docentes para determinar o alcance da situación no inmoble.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...