InicioPolíticaO BNG pide reforzar o servizo de bus urbano de Vigo polas...

O BNG pide reforzar o servizo de bus urbano de Vigo polas novas reducións de aforamento

"Non é aceptable que sigamos vendo buses ateigados e, ao tempo, nas cocheiras de Vitrasa haxa ata 20 autobuses parados sen circular", resolveu o voceiro do BNG local Pérez Igrexas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo demandou un reforzo do servizo de autobús urbano ante as novas reducións do aforamento do mesmo que entrarán en vigor este sábado na cidade e outros municipios galegos.

Mediante declaracións remitidas aos medios, o portavoz da formación frontista en Vigo, Xabier P. Igrexas, urxiu a adopción de medidas en relación á limitación a capacidade dos autobuses ao goberno local e alertou de que a empresa concesionaria non trasladou instrucións ao persoal condutor respecto diso.

Así, lembrou que a orde da Consellería de Sanidade establece que o aforamento dos autobuses debe limitarse ao 50% dos asentos e a unha sexta parte do número máximo de pasaxeiros a pé. “Isto suporá pasar do máximo de 44 persoas que, en teoría, pero non na práctica, estaba a aplicarse ata agora a 26 prazas”, precisou o edil do BNG en Vigo.

Así as cousas, reiterou a necesidade de que o goberno local actúe sobre este servizo, de titularidade municipal, e insistiu na importancia de garantir o cumprimento das medidas establecidas para evitar a propagación da pandemia.

Deste xeito, Igrexas demandou un reforzo das liñas e frecuencias que presentan unha maior afluencia. “Non é aceptable que sigamos vendo buses ateigados e, ao tempo, nas cocheiras de Vitrasa haxa ata 20 autobuses parados sen circular”, resolveu.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...

Condenado a 2 anos de cárcere e perda do carné por 4 anos o condutor novel que embestiu a unha motorista en Coruxo no...

O xulgado do Penal 2 de Vigo condenou á pena de 2 anos de cárcere ao...

O BNG anuncia unha batería de iniciativas contra a “inxusta exclusión” de Vigo como porto nodal

O BNG anunciou este venres unha batería de iniciativas contra a "inxusta e inxustificada"...