InicioSociedadeVigo e Redondela entran en alerta vermella por coronavirus

Vigo e Redondela entran en alerta vermella por coronavirus

Nigrán deixa este nivel

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de municipios galegos no nivel máximo de alerta, o 3, pola incidencia do coronavirus na última semana elevouse este sábado ata os 29, catro máis que a xornada anterior, ao entrar nesta situación Fene, Marín, Redondela, Vigo, Barbadás e Xinzo e rebaixar a súa alerta O Barco e Nigrán.

Ademais, segundo consta no mapa ‘semáforo’ actualizado diariamente pola Consellería de Sanidade, repiten en nivel 3 pola pandemia os concellos de Ferrol, Lalín, Ourense, O Carballiño, Verín, Narón, Oleiros, Arteixo, A Laracha, Ordes, Mesía, Santiago, Ames, Teo, A Estrada, Vilagarcía, Pontevedra, Poio, Cangas, Tui, Salvaterra, Monforte e Lugo.

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que detectaron máis de 21 casos de coronavirus nos últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol –máis de 76 casos nunha semana–, Pontevedra –máis de 96–, Santiago –máis de 112–, Lugo –máis de 112– e Ourense –máis de 120–.

Mentres, en situación dúas –na cor laranxa do mapa– sitúanse 22, tres máis que este venres. Do total, 11 repiten nesta lista: O Porriño, Neda, A Coruña, Culleredo, Mos, Gondomar, Boborás, Malpica, Muros, Oroso e Vilaboa.

Na alerta laranxa entraron este sábado Carballo, Cambre, Carral, Brion, Boiro, Cuntis, Soutomaior, O Barco, Bóveda, Nigrán e Ponteareas. Fene, Marín, Vigo, Barbadás, Xinxo e Redondela, que estaban este venres en nivel 2 empeoraron a súa situación e entraron en nivel vermello, mentres que Noia e Monterrei pasan a nivel amarelo.

En cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con entre 138 e 332 casos novos de COVID-19 á semana por 100.000 habitantes –só Vigo e A Coruña, neste caso– e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...