InicioSociedadeSeguen baixando os casos da covid na área de Vigo

Seguen baixando os casos da covid na área de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O falecemento dunha muller de 83 diagnosticada con coronavirus que parmanecía ingresada no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol eleva a 755 as vítimas mortais con covid en Galicia, que detectou outros 217 novos positivos nas últimas 24 horas. Con todo, na área de Vigo baixaron os casos activos.

A morte desta muller, que presentaba patoloxías previas, súmase a outro tres decesos confirmados en hospitais galegos dos que informou a Consellería de Sanidade na tarde do sábado. Trátase de tres homes de 93, 89 e 87 anos que estaban ingresados no Hospital de Lugo, no Complexo Hospitalario de Ourense e no Complexo Hospitalario de Santiago, respectivamente. Todos eles presentaban patoloxías previas.

Así as cousas, segundo a última actualización de Sanidade ofrecida na mañá deste domingo, Galicia detectou 217 novos positivos, un máis que os identificados a xornada anterior. Deste xeito, o número de casos activos na comunidade sitúase en 4.038 (54 menos que o sábado) despois de que 267 persoas recibisen o alta e deixasen de computar como pacientes afectados por covid.

Os casos activos baixan en todas as áreas sanitarias coa excepción de Ourense, que ten 55 casos activos máis que o sábado ao alcanzar os 946.

No resto, descenden o número de persoas diagnosticadas con covid, especialmente nas áreas de Pontevedra (33 menos ata os 689) e na Coruña (819, 29 menos que 24 horas antes). Santiago ten 530 (17 menos), Vigo conta con 445 (15 menos) e en Ferrol hai 116 (5 menos).

Así mesmo, ata a data, Galicia realizou 504.922 PCR fronte ás 499.201 que contabilizaba este venres, o que implica que en 24 horas fixéronse 5.721 probas.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...