InicioSociedadeComproba o impacto da covid nos colexios da provincia con este mapa...

Comproba o impacto da covid nos colexios da provincia con este mapa interactivo

Galicia suma xa 161 positivos en 35 unidades escolares pechadas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Continúa o avance da covid-19 nos centros galegos. A poucos días de que arrincara o período lectivo de primaria e infantil son xa un total de 161 casos, unha circunstancia, que, ata o momento, obrigou a decretar o peche dun total de 35 aulas. Polo de agora, Galicia tan só rexistrou un caso de peche total: o do colexio Calasancio de Pontevedra, que vén de reabrir “con total normalidade” días despois de detectar 8 positivos entre o persoal.

Os casos de covid en tempo real nos centros galegos poden ser consultados neste mapa en tempo real.

Os casos de COVID-19 nas gardarías e nos centros galegos multiplícanse. Este martes, a Xunta cuantifica practicamente o dobre de positivos respecto deste sábado, data na que se difundiu o primeiro balance detallado por centros desde o inicio do curso e que xa ascende a un total de 161 casos con 35 unidades pechadas.

A diferenza entre os contaxios representa uns 65 máis que os informados este fin de semana polo Goberno galego, un incremento que se produce a pesar de reactivarse aulas en polo menos seis escolas (o que levou a varios centros a desaparecer da táboa de reconto) e da reapertura do colexio plurilingüe Calasancio de Pontevedra.

O avance do virus nas escolas de infantil e primaria senta un precedente pouco optimista de cara á educación universitaria, que arrinca na xornada deste xovese a secundaria, cuxo inicio está previsto para a semana vindeira logo de que a Xunta decidira adiar o regreso ás aulas trala negativa do múltiples centros a comezar o período lectivo nesas circunstancias.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...