InicioSociedadeO sector das ambulancias usará a vía xudicial para reclamar case 1...

O sector das ambulancias usará a vía xudicial para reclamar case 1 millón de euros a Audasa polas peaxes da AP-9

"Isto provocou que as empresas da Fegam asumisen un custo en peaxes de máis de 160.000 euros anuais" din os empresarios das ambulancias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os empresarios agrupados na federación galega de ambulancias (Fegam) reclamarán por vía xudicial 1 millón de euros a Audasa, a concesionaria da AP-9, polo pago das peaxes desta autoestrada.

Nun comunicado, remiten á sentenza do Tribunal Supremo que “non deixa lugar a dúbidas” ao entender que “as ambulancias están exentas do pago de autoestradas, tal e como recolle a Lei de Estradas de 2015, que se basea nunha anterior de 1988″.

Así o recolle o fallo, apunta a Fegam, coa que a sala do contencioso administrativo resolve o recurso interposto pola Asociación de Empresas Construtoras e Concesionarias de Infraestruturas (Seopan), en representación de Audasa, xestora da AP9.

“Unha sentenza que abre a porta á devolución de preto dun millón de euros aos empresarios galegos, que nos últimos anos non deixaron de reclamar, sen éxito, os pagos efectuados a Audasa”, destacan.

Critican que nestes anos, “aclaración ministerial por medio en 2018, a AP9 negouse a aplicar a lei de 1988 e a posterior de 2015”. “Isto provocou que as empresas da Fegam asumisen un custo en peaxes de máis de 160.000 euros anuais, que non puideron repercutir no importe do concurso coa Administración ao estar ‘por lei’ exentas de pago”, sinalan.

Tras a sentenza, segundo informa a Fegam, enviou un burofax a Audasa e Abertis o pasado 4 de agosto, “para fixar unha reunión e chegar a un acordo para a devolución dos importes abonados nos últimos anos”. “Ao non obter resposta, a Fegam iniciará en setembro os trámites para a reclamación económica por vía xudicial”, conclúe.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...