InicioSociedadeA máscara será obrigatoria en Galicia, salvo no bar, na piscina e...

A máscara será obrigatoria en Galicia, salvo no bar, na piscina e na praia

Será obrigatorio o seu uso independentemente de que se poida ou non manter a distancia de seguridade en espazos abertos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia estendeu a obrigatoriedade de usar máscara en todo momento con independencia de que poida manterse a distancia de seguridade recomendada dun metro e medio.

As excepcións: para persoas con problemas respitarios, para núcleos de conviventes, durante o consumo en establecementos de hostalería, na práctica de deporte individual ao aire libre e, por último, en praias e piscinas, onde, con todo, será obrigatoria cando as persoas estean en movemento.

Trátase dunha decisión adoptada este venres polo Consello do Goberno galego, en funcións desde o pasado domingo, e da que informou o presidente electo, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do seu executivo, que deu luz verde a estender a obrigatoriedade do uso de máscaras.

Ademais de universalizar a norma de usar máscara en todo momento, a Xunta de Galicia tamén recomenda evitar a organización de “festas masivas” en domicilios particulares ao longo do verán, á vez que, en palabras de Núñez Feijóo, chama ás policías municipais a velar polo cumprimento da lei que impide a celebración de “botellóns” en aras de previr contagios.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...