InicioSociedadeDocentes do Morrazo presentan as súas medidas para o regreso ás aulas...

Docentes do Morrazo presentan as súas medidas para o regreso ás aulas ante o silencio da Consellería

Denuncian que a "aglomeración" de alumnos impide gardar máis de medio metro de distancia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ausencia dun protocolo autonómico que poña as bases para un regreso ás aulas “seguro” para docentes e alumnos séguelle a pasar factura á Xunta. A derradeira das mobilizacións en repulsa deste baleiro de indicacións xorde no Morrazo, onde o IES de Rodeira vén de marcar unha mobilización para o vindeiro mércores 11 na que expoñerán á Consellería de Educación as súas propostas para o curso vindeiro.

Ante o silencio da carteira dirixida por Carmen Pomar, os docentes asinantes -que, segundo indican nota remitida a GC, contan co apoio de varias ANPAS da zona- fan fincapé na necesidade de reducir o ratio de alumnos por aula. “Non podemos aceptar que o curso 2020-2021 se continúe a planificar cos mesmos parámetros que os anteriores, co mesmo cupo de profesorado e aceptando ratios de 30 alumnas por grupo na ESO e de 33 no Bacharelato“, sinalan nun comunicado.

Esta masificación das aulas, co alumno “aglomerado” e unha superficie por persoa “ínfima” está a se converter na principal preocupación dos docentes de cara ó curso que abre. Con esta distribución de alumnado, apuntan na web do centro, non será posible garantir unha distancia de máis de 50 centímetros, moi por debaixo dos 2 metros que a propia Xunta recomendaba para os seus empregados públicos o 9 de maio.

DEMANDAS DOS CENTROS

Por todas estas razóns, o centro de Rodeira vén de redactar unha listaxe de medidas de prevención que farán chegar á Consellería nunhas mobilizacións o vindeiro mércores 8 ás 11 de mañá. Os docentes de Rodeira animan a todos os centros de Galicia a replicar a protesta, que terá lugar ante o edificio consistorial do Concello, e facer chegar á Consellería as súas propias medidas de cara ó regreso ás aulas. Polo de agora, apuntan, xa teñen coñecemento de máis de media ducia de centros implicados coa manifestación.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...