InicioSociedadeO Baixo Miño quedará incomunicado polo plan de transporte metropolitano da Xunta

O Baixo Miño quedará incomunicado polo plan de transporte metropolitano da Xunta

Tamén se privará aos veciños da comarca de posibilidade de acceder a tarifas bonificadas, descontos e outras vantaxes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os rexedores da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño (A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui) reclamaron este venres á Xunta que teña en conta as súas alegacións ao plan de transporte metropolitano, que “exclúe” a esta comarca e déixaa “incomunicada”.

Segundo trasladaron, a exclusión desta zona do plan de transporte metropolitano da área de Vigo “causará importantes prexuízos” aos veciños e á actividade económica, xa que o Baixo Miño quedará “incomunicado” e “illado da súa área sanitaria de referencia e do campus da Universidade de Vigo”.

O deseño avanzado pola Xunta supón, denunciaron, supón a redución das frecuencias dos viaxes, e a eliminación das frecuencias que hai entre as 9:00 e as 12:00 horas. Ademais, incidiron, privarase aos veciños da comarca da posibilidade de beneficiarse de tarifas bonificadas, descontos e outras vantaxes.

Os municipios afectados xa presentaron hai un ano un conxunto de alegacións ao anteproxecto do plan de transporte e expuxeron propostas concretas para a implantación de liñas que conectasen o Baixo Miño coa Universidade, coa área sanitaria ou liñas circulares entre núcleos de poboación da comarca.

Finalmente, os alcaldes e alcaldesas advertiron de que a exclusión do Baixo Miño dese plan de transporte supón “un agravio comparativo” con respecto aos municipios que si forman parte da rede (Baiona, Cangas, Fornelos, Moaña, Mos, Nigrán, O Porriño, Pazos de Borbén, Redondela, Salceda, Salvaterra e Soutomaior). “En lugar de aproveitar a oportunidade e apostar polo servizo público, o que se está facendo é precarizalo, co que terá menos viaxeiros e resultará cada vez menos rendible”, criticaron.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...